Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 19 de xaneiro de 2018 Páx. 4441

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 26 de decembro de 2017 pola que se notifica a declaración de caducidade do expediente de reposición da legalidade urbanística PON/407/2016.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o 23 de novembro de 2017, declarar a caducidade do expediente de reposición da legalidade urbanística PON/407/2016 e o arquivamento das actuacións cos efectos previstos no artigo 95 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo das administracións públicas, polas obras de construción dunha vivenda auxiliar, no lugar de Canai, Perdecanai, no termo municipal de Barro, provincia de Pontevedra.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo a Álvaro Collazo Fernández mediante a presente cédula, e ao amparo do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle ao interesado a devandita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, o acto non se publica na súa integridade, comunícase ao interesado que o texto íntegro da declaración de caducidade que se notifica se atopa ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo a notificación entenderase producida.

Contra a devandita declaración de caducidade, que pon fin á vía administrativa, os interesados poden interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que teña lugar a publicación desta cédula, ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exercitan o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, poden interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado en cumprimento do disposto no artigo 44 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2017

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística
P.S. (Artigo 3 do Decreto 51/2008, do 6 de marzo)
José María Domínguez Blanco
Subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística