Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 18 de xaneiro de 2018 Páx. 4087

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ORDE do 22 de decembro de 2017 pola que se autoriza a transmisión mortis causa das concesións administrativas e das bateas M.P. III e R.P.R. I.

Visto os expedientes instruídos para efectos de transmisión das bateas M.P. III e R.P.R. I e das concesións administrativas que as amparan, resulta:

a) Antecedentes de feito.

Primeiro. Mediante escrito do 16 de novembro de 2017, Francisca Fernández Sieira en representación da comunidade de herdeiros de Manuel Pérez Romero, solicita autorización para transmisión mortis causa das concesións administrativas e das bateas M.P. III e R.P.R. I.

Segundo. A solicitante achega a documentación requirida para a tramitación deste tipo de procedementos.

b) Consideracións legais e técnicas.

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG núm. 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG núm. 243, do 15 de decembro), e coa Orde do 8 de setembro de 2017 de delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, nas direccións xerais e xefaturas territoriais e na Presidencia do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.

Segunda. A Lei 2/2006, do 14 xuño, de dereito civil de Galicia (DOG núm. 124, do 29 de xuño), nos seus artigos 209 e seguintes, regula os pactos sucesorios como negocios mortis causa, e coa forma de pactos de apartación ou pactos de mellora.

Terceira. O expediente seguiu todos os trámites establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE número 236, do 2 de outubro), coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG núm. 228, do 21 de novembro), e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións das bateas de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG núm. 126, do 2 de xullo).

Vistas as disposicións citadas, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión mortis causa a favor de María Jesús Pérez Fernández (33221359K), Manuel Pérez Fernández (33234169C) e María Bettina Pérez Fernández (33252706L) das concesións administrativas e das bateas que se indican a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: M.P. III.

Ubicación:

Cuadrícula nº: 39.

Polígono: B.

Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título administrativo habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 11.11.1975.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Antigos titulares: María Jesús Pérez Fernández (33221359K) 50 % privativo, Manuel Pérez Romero e Francisca Fernández Sieira (35384113Q – 35825256L) 50 % ganancial.

Novos titulares: María Jesús Pérez Fernández (33221359K) 58,34 % privativo, Francisca Fernández Sieira (35825256L) 25 % privativo, Manuel Pérez Fernández (33234169C) 8,33 % privativo e María Bettina Pérez Fernández (33252706L) 8,33 % privativo.

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: R.P.R. I.

Ubicación:

Cuadrícula nº: 126.

Polígono: H.

Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título administrativo habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 23.10.1959.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Antigos titulares: María Jesús Pérez Fernández (33221359K) 50 % privativo, Manuel Pérez Romero e Francisca Fernández Sieira (35384113Q – 35825256L) 50 % ganancial.

Novos titulares: María Jesús Pérez Fernández (33221359K) 58,34 % privativo, Francisca Fernández Sieira (35825256L) 25 % privativo, Manuel Pérez Fernández (33234169C) 8,33 % privativo e María Bettina Pérez Fernández (33252706L) 8,33 % privativo.

Os novos titulares das concesións administrativas se subrogan nos dereitos e obrigas dos anteriores.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses, contado en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 22 de decembro de 2017

A conselleira do Mar
P.A. (Orde do 8.9.2017)
Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña