Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 18 de xaneiro de 2018 Páx. 4072

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 17 de novembro de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a resolución ditada no expediente 2008/42/27.

De conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ao abeiro dos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas interesadas, a resolución ditada polo xefe territorial no expediente administrativo instruído conforme o disposto nos artigos 172.2 e 173 bis 2.b do Código civil, despois dos intentos de notificación realizados sen que fose posible practicar a notificación por causas non imputables á Administración ou por descoñecer o domicilio destas.

O expediente atópase á disposición das persoas interesadas, ou dos seus representantes, no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Política Social, rolda da Muralla, 70, planta baixa, onde no prazo de dous (2) meses contado desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderán comparecer para efectos de ter coñecemento do contido íntegro da resolución, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, advertíndolles que, de non facelo, se terán por notificadas.

As persoas interesadas ou os seus representantes, debidamente acreditados, poderán interpoñer recurso contra a resolución recaída no expediente, a cal é definitiva en vía administrativa, ante o Xulgado de Primeira Instancia de Lugo, que por quenda lle corresponda, no prazo de dous (2) meses contado desde o día seguinte á data da súa notificación, sen necesidade de reclamación administrativa previa, de conformidade co artigo 780.1 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

Lugo, 17 de novembro de 2017

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: 2008/42/27.

a) Interesados/as:

1º. Natalia Costoya Jul.

Enderezo actual: descoñecido.

2º. Carlos de Sousa da Asunción.

Enderezo actual: estrada de Santiago, nº 137, baixo, CP 27294 Lugo.

b) Asunto: Resolución do 13 de setembro de 2017.

c) Efectos: mantemento da medida administrativa e modificación do recurso.