Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 18 de xaneiro de 2018 Páx. 4070

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 15 de novembro de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a resolución ditada no expediente 2015/172/27.

De conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ao abeiro dos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa interesada, a resolución ditada polo xefe territorial no expediente administrativo instruído conforme o disposto na Lei 2/2016, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia, despois dos intentos de notificación realizados sen que fose posible practicar a notificación por causas non imputables á Administración ou por descoñecer o domicilio desta.

O expediente atópase á disposición da persoa interesada, ou dos seus representantes debidamente acreditados, no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Política Social, rolda da Muralla, 70, planta baixa, onde no prazo de dez (10) días contado desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderán comparecer para efectos de ter coñecemento do contido íntegro da resolución, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, advertíndolles que, de non facelo, se terán por notificadas.

As persoas interesadas ou os seus representantes, debidamente acreditados, poderán interpoñer recurso contra a resolución recaída no expediente, a cal é definitiva en vía administrativa, ante o Xulgado de Primeira Instancia de Lugo, que por quenda lle corresponda, no prazo de dous (2) meses contado desde o día seguinte ao da data da súa notificación, sen necesidade de reclamación administrativa previa, de conformidade co artigo 780.1 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

Lugo, 15 de novembro de 2017

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: 2015/172/27.

Interesado: Byron Alejandro Arango Gutiérrez.

Enderezo actual: descoñecido.

Asunto: Resolución do 18 de setembro de 2017.

Efectos: modificación de medida.