Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 18 de xaneiro de 2018 Páx. 4074

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 3 de xaneiro de 2018 pola que se anuncia a contratación polo procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada, con tramitación ordinaria, do servizo consistente no desenvolvemento da campaña publicitaria de prevención, concienciación e sensibilización social contra os incendios forestais (expediente 10/2018).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo para definir a estratexia de medios e soportes para desenvolver a campaña publicitaria de cara a previr, sensibilizar e conciencia aos galegos e galegas das consecuencias que derivan dos incendios forestais.

c) División por lotes e número: non.

d) Prazo de execución: ata o 15 de novembro de 2018.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV: 79341000-6 e 79341400-0.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e anticipada de gasto. Procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada.

Criterios de adxudicación: recollidos no prego de cláusulas administrativas particulares (de xuízo de valor e automáticos).

4. Orzamento de licitación.

Importe neto: 537.190,08 €; IVE (21 %): 112.809,92 €; importe total: 650.000,00 €.

Valor estimado: 537.190,08 €.

5. Financiamento: fondos propios da Xunta de Galicia.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe, pero se conta coa clasificación grupo T, subgrupo 1, categoría 3 estará exento de acreditar a solvencia económica e financeira e técnica ou profesional).

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, se é o caso: segundo o disposto nas alíneas F.2 e F.3 do cadro de características do PCAP.

7. Garantías exixidas: definitiva: do 5 % do orzamento de licitación, excluído o IVE 26.859,50 €.

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural. Servizo de Contratación.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, 4, 15781 Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 57 37 e 881 99 93 88 (consultas administrativas); 981 55 72 41 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 40 47.

e) Correo electrónico: licitacion.mediorural@xunta.gal

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, de luns a venres desde as 9.00 ata as 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo: http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=236697

9. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o 5 de febreiro de 2018.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Xeral e Información á Cidadanía da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, 15781); poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 40 47), ou ben ao enderezo de correo electrónico licitacion.mediorural@xunta.gal.

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, ás 12.30 horas do 15 de febreiro de 2018. A apertura dos sobres C terá lugar, en acto público, no lugar, data e hora que se comunicará mediante a súa publicación no perfil do contratante.

11. Gastos de publicidade: os custos dos anuncios no DOG e no BOE serán por conta do adxudicatario.

12. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 26 de decembro de 2017.

Santiago de Compostela, 3 de xaneiro de 2018

A conselleira do Medio Rural
P.D. (Orde do 17.11.2015, DOG núm. 223, do 23 de novembro)
Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural