Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 18 de xaneiro de 2018 Páx. 4077

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 4 de xaneiro de 2018 pola que se anuncia a contratación por procedemento aberto, non suxeito a regulación harmonizada, con tramitación ordinaria e anticipada de gasto, documentalmente simplificada, dos servizos de recollida de datos para a realización de estatísticas agrogandeiras, 2 lotes (expediente 8/2018).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición do obxecto: os servizos necesarios que permitan a recollida da información no campo de datos estatísticos relevantes para o sector agrogandeiro.

c) División por lotes e número: si, dous. Lote 1: enquisa do sector porcino industrial e recollida da información sobre o sacrificio de gando nos matadoiros e actualización do directorio. Lote 2: recollida de prezos e salarios percibidos e pagados polos agricultores, prezo de venda e arrendamento de terra agrícola, prezos conxunturais de produtos agrícolas, rendementos de cultivos agrícolas e avances de superficies.

d) Prazo de execución: desde o día seguinte ao da sinatura do contrato ata o 28 de febreiro de 2020 no caso do lote 1, e ata o 31 de decembro de 2019 no lote 2.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV: 79330000-6 Servizos estatísticos.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e anticipada de gasto. Aberto non suxeito a regulación harmonizada, «documentalmente simplificado».

Criterios de adxudicación: prezo (único criterio).

4. Orzamento de licitación:

Importe neto: 80.047,20 €; IVE (21 %): 16.809,92 €; importe total: 96.857,12 €.

Valor estimado: 80.047,20 €.

5. Financiamento: fondos propios da Consellería do Medio Rural.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe. Non obstante, se o licitador conta coa clasificación grupo L, subgrupo 3, categoría 1 estará exento de acreditar a solvencia.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, se é o caso: segundo o disposto nas alíneas F.2 e F.3 do cadro de características do PCAP.

c) Compromiso de adscrición de medios: si, de acordo coa alínea F.5 do cadro de características do PCAP.

7. Garantías exixidas: definitiva: do 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural. Servizo de Contratación.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, 4, 15781 Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 57 37 e 981 54 57 48 (consultas administrativas); 981 54 66 79 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 40 47.

e) Correo electrónico: licitacion.mediorural@xunta.gal

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo: http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=248781

9. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos quince (15) días naturais, a non ser que o último día sexa inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Xeral e Información á Cidadanía da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, 15781); poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 40 47), ou ben ao enderezo de correo electrónico licitacion.mediorural@xunta.gal.

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, ás 12.00 horas do décimo día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación das ofertas.

11. Gastos de publicidade: será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 4 de xaneiro de 2018

A conselleira do Medio Rural
P.D. (Orde do 17.11.2015; DOG núm. 223, do 23 de novembro)
Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural