Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 16 de xaneiro de 2018 Páx. 3328

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Vilagarcía de Arousa

EDICTO de notificación de sentenza (26/2013).

ORD procedemento ordinario 26/2013

Procedemento orixe: /

Sobre outras

Demandante: Belén Meis Durán

Procuradora: Marta María Ferradáns Padín

Avogado: Luis Tabora Leyes

Demandado: Andrés Dacosta Señorans

Eu, Luis Fernández-Arias González, letrado da Administración de xustiza de Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Vilagarcía de Arousa, polo presente

Anuncio:

Que no presente procedemento ordinario 26/2013 seguido por instancia de Belén Meis Durán contra Andrés Dacosta Señoráns foi ditada sentenza coa parte dispositiva seguinte:

«Sentenza 86/2015

Decido

Que, estimando integramente a demanda interposta pola procuradora Marta Ferradáns Padín en nome e representación de Belén Meis Durán contra Andrés Dacosta Señoráns, en situación de rebeldía procesual, debo declarar e declaro a división da embarcación tipo dorna denominada Brisa del Mar, referida no feito primeiro da demanda, sacándoa á venda en poxa pública con admisión de licitadores estraños, en caso de que as partes non cheguen a acordo sobre a súa adxudicación; todo isto, con expresa condena en custas á parte demandada.

Notifíquese esta sentenza ás partes facéndolles saber que non é firme e que contra ela cabe interpor ante este xulgado recurso de apelación no prazo dos 20 días seguintes á súa notificación e que será resolto pola Audiencia Provincial de Pontevedra.

Expídase testemuño da presente resolución para a súa unión aos autos principais e lévese o orixinal ao libro de sentenzas.

Así o pronuncio, mando e asino por esta sentenza, xulgando nesta instancia.

A xuíza

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada no día da data pola xuíza que a subscribe en audiencia pública, do cal eu, secretaria, dou fe.

A secretaria»

E encontrándose o devandito demandado, Andrés Dacosta Señoráns, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto para que lle sirva de notificación en forma.

Vilagarcía de Arousa, 28 de novembro de 2017

O letrado da Administración de xustiza