Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 16 de xaneiro de 2018 Páx. 3326

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2590/2017 MRA).

Tipo e número de recurso: RSU recurso de suplicación 2590/2017 MRA

Xulgado de orixe/autos: seguridade social 196/2016 Xulgado do Social número 2 de Ferrol

Recorrente: Arquitectura, Rehabilitación, Madeira e Construción, S.L.

Avogado: Manuel Casal Fraga

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridad Social, Inversiones Inmobiliarias Cascudo y Cascudo, S.L., José Manuel Ferreiro Blanco, Construcciones Tilin, S.L., Construcciones Irixoa, S.L.

Avogados: letrado da Seguridade Social, letrado da Tesouraría da Seguridade Social, Carlos Alonso Rueda, Cipriano Castreje Martínez, (…), (…)

Procuradores: (…), (…), (…), María Susana Díaz Gallego, (…), (…)

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2590/2017 desta sección, seguido por instancia de Arquitectura, Rehabilitación, Madeira e Construción, S.L. contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Inversiones Inmobiliarias Cascudo y Cascudo, S.L., José Manuel Ferreiro Blanco, Construcciones Tilin, S.L., Construcciones Irixoa, S.L., sobre recarga de accidente, se ditou a seguinte resolución:

Decidimos:

Que desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual da empresa Arquitectura, Rehabilitación, Madeira e Construción, S.L. (Areco, S.L.) contra a sentenza de data 3 de marzo de 2017, ditada polo Xulgado do Social número 2 de Ferrol, en autos 196/2016, confirmamos a sentenza contra a cal se recorre.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguido de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo «Observacións ou concepto da transferencia» os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Construcciones Tilin, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no DOG.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 14 de decembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza