Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 16 de xaneiro de 2018 Páx. 3324

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO de notificación de resolución (RSU 1853/2017 PM).

Tipo e nº de recurso: RSU recurso de suplicación 1853/2017 PM

Xulgado de orixe/autos: procedemento ordinario 695/2016 Xulgado do Social número 2 de Vigo

Recorrente: Mantelnor Limpiezas, S.L.

Avogada: Noelia María Martínez Vieito

Recorridos: Fogasa, Limpiezas del Noroeste, S.A., Concello de Vigo (Pontevedra), Luz Pereira Fariña, Admón. Concursal Limpiezas del Noroeste (Convenia Profesional).

Avogado/a: letrado Concello, María Teresa Mourín González

Procurador: Juan Antonio Garrido Pardo

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento do recurso de suplicación 1853/2017 desta sección, seguido por instancia de Mantelnor Limpiezas, S.L. contra a empresa Fogasa, Limpiezas del Noroeste, S.A., Concello de Vigo (Pontevedra), Luz Pereira Fariña, administración concursal Limpiezas del Noroeste (Convenia Profesional), sobre reclamación de cantidade, foi ditada resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Que estimamos o recurso de suplicación formulado por Mantelnor Limpiezas, S.L. contra a sentenza ditada no 2.3.2017 polo Xulgado do Social número 2 (REF) de Vigo en autos nº 695/2016 sobre cantidades, seguidos por instancia de Luz Pereira Fariña, contra a recorrente e o Concello de Vigo, o Fogasa, Limpiezas del Noroeste, S.A.U. e Convenia Profesional, S.L.P., e con revogación da devandita resolución, desestimamos a demanda reitora dos autos contra Mantelnor Limpiezas, S.L. e, en consecuencia, condenamos ao pagamento das cantidade reclamada de 3.456,76 € Limpiezas del Noroeste, S.A.U. e a súa administradora concursal Convenia Profesional, S.L.P., a estaren e pasaren por tal condena e ao Fondo de Garantía Salarial en forma e medida regulamentaria para o suposto de insolvencia da condenada, mantendo a absolución do Concello de Vigo.

Canto a depósito, aseguramento e custas, aténdase ao razoado.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo dos dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 35, seguida dos catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se houber cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións” ou “Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Limpiezas del Noroeste, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 29 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza