Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 16 de xaneiro de 2018 Páx. 3330

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO de notificación de decreto (135/2017).

PO Procedemento ordinario 135/2017

Procedemento orixe: /sobre ordinario

Demandante: María Luisa García Vidal

Demandados: Fogasa, Naval Metalúrgica Donís, S.L.

Avogado/a: letrado do Fogasa

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 135/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Luisa García Vidal contra Naval Metalúrgica Donís, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, foi ditado decreto de desistencia cuxa parte dispositiva di:

«Acordo:

– Ter por desistida María Luisa García Vidal da súa demanda contra Naval Metalúrgica Donís, S.L. e o Fogasa, en materia de reclamación de cantidade.

– Deixar sen efecto o sinalamento do 13.12.2017 ás 11.15 horas.

– Arquivar as actuacións unha vez que sexa firme a presente resolución».

E para que sirva de notificación en legal forma a Naval Metalúrgica Donís, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 29 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza