Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 16 de xaneiro de 2018 Páx. 3331

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (126/2017).

Alberto López Luengo, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fai saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 126/2017 deste xulgado do social, seguidos por instancia de José Antonio Rodríguez Rodríguez contra a empresa Grupo Horpcasa de Hormigones y Áridos, S.L., sobre despedimento, se ditou con data do 23.11.2017 auto en que se declara extinguida a relación laboral, susceptible de recurso de reposición, que se encontra ao seu dispor na sede deste xulgado.

Para que sirva de notificación en legal forma ao Grupo Horpcasa de Hormigones y Áridos, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no DOG.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 23 de novembro de 2017

O letrado da Administración de xustiza