Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 16 de xaneiro de 2018 Páx. 3332

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO de notificación de decreto (259/2017).

DSP Despedimento/cesamentos en xeral 259/2017

Procedemento orixe: /

Sobre despedimento

Demandante: María Azucena Barreiro Gómez

Avogada: Elvira Couso Suárez

Demandados: Francisco Javier Alonso Araújo, Sufama Productos da Nosa Terra, S.L., Manuela Barreiro Mariño, Fondo de Garantía Salarial

Avogado: Francisco Javier Rial Lavia, letrado de Fogasa

Eu, Alberto López Luengo, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento 259/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Azucena Barreiro Gómez contra a empresa Francisco Javier Alonso Araújo, Sufama Productos da Nosa Terra, S.L., Manuela Barreiro Mariño, foi ditado decreto no 5.10.2017 cuxo texto íntegro está ao dispor do interesado na sede do xulgado.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interporá ante quen dita esta resolución, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción que contén a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

E para que sirva de notificación en legal forma a Manuela Barreiro Mariño, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 29 de novembro de 2017

O letrado da Administración de xustiza