Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 16 de xaneiro de 2018 Páx. 3333

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (507/2015).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 507/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Matías Mosquera Amil contra Falcón Contratas y Seguridad, S.A., sendo parte o Fogasa sobre ordinario, se ditou sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva é do tenor literal seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 21 de novembro de 2017.

Vistos por min, Patricia López Arranz, maxistrada xuíza do Xulgado Social de reforzo da Coruña, os presentes autos de procedemento ordinario número 507/2015 seguidos ante este xulgado por instancia de José Matías Mosquera Amil, asistido do letrado José Páramo Sureda, contra Falcón Contratas y Seguridad, S.A., que non comparece e contra Fogasa que tampouco comparece, procedo a ditar sentenza de conformidade cos seguintes,

Decido:

Que debo estimar e estimo a demanda presentada por José Matías Mosquera Amil e condeno a empresa Falcón Contratas y Seguridad, S.A., a aboar ao demandante a cantidade de 1.996,39 euros.

Con intervención procesual do Fogasa.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra esta non cabe recurso.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Falcón Contratas y Seguridad, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 21 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza