Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 12 de xaneiro de 2018 Páx. 2335

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 14 de decembro de 2017 pola que se notifica a resolución do recurso potestativo de reposición interposto contra a Resolución do 12 de novembro de 2015 ditada no expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/211/2014-RP1.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 7 de novembro de 2017, resolución pola que se desestima o recurso potestativo de reposición interposto contra a Resolución do 12 de novembro de 2015, ditada no expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/211/2014-RP1, pola que se declaraban ilegalizables as obras de construción dunha edificación de planta baixa, dunha estrutura cuberta de madeira de planta baixa, doutra estrutura de madeira, situada ao carón do peche da parcela e dun sollado de pedra para aparcadoiro de vehículos, na parcela 123, do polígono 501, no lugar do Regueiro, parroquia de San Martiño de Ombreiro, no termo municipal de Lugo.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución a Delio Cabado Viña, mediante esta cédula, e ao amparo do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase ao interesado a devandita resolución por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícase ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica se atopa ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra a devandita resolución, que é definitiva en vía administrativa, o interesado pode interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición se sitúe o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2017

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística
P.S. (Artigo 3 do Decreto 51/2008, do 6 de marzo)
José María Domínguez Blanco
Subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística