Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 12 de xaneiro de 2018 Páx. 2334

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 14 de decembro de 2017 de emprazamento para o trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística PON/618/2014-RP1.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase o emprazamento a Carlos Badía Molina e Mar del Mar Fonseca Cuacos para o trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística PON/618/2014-RP1, en relación coas obras de construción dunha edificación residencial no lugar de Cardiña, Santo Adrán de Cobres, no termo municipal de Vilaboa, provincia de Pontevedra.

O expediente relacionado atópase á disposición dos interesados na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland-Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Os interesados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación desta cédula, para alegaren e presentaren os documentos e informacións que achen pertinentes.

Para que conste e lle sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2017

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística
P.S. (Artigo 3 do Decreto 51/2008, do 6 de marzo)
José María Domínguez Blanco
Subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística