Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 5 de xaneiro de 2018 Páx. 1267

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sanxenxo

ANUNCIO de licitación da contratación dos servizos complementarios e de colaboración na recadación, nos períodos voluntario e executivo de todo tipo de sancións administrativas, así como da súa xestión, agás as de natureza urbanística.

Aprobados os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexirán a contratación dos servizos complementarios e de colaboración na recadación, nos períodos voluntario e executivo de todo tipo de sancións administrativas do Concello de Sanxenxo, así como da súa xestión, agás as de natureza urbanística, anúnciase a convocatoria respectiva:

1. Obxecto: a prestación dos servizos complementarios e de colaboración na recadación, nos períodos voluntario e executivo de todo tipo de sancións administrativas do Concello de Sanxenxo, así como da súa xestión, agás as de natureza urbanística.

2. Procedemento: aberto. Tramitación: ordinaria. Órgano de contratación: a Alcaldía.

3. Prezo: o adxudicatario percibirá polos servizos prestados, os prezos que el oferte e que o concello acepte (cláusula 2ª dos pregos respectivos). O prezo anual con IVE ascende a 84.700,00 euros, sendo o valor estimado do contrato 140.000,00, sendo este indicativo para os efectos de determinar o procedemento, forma de adxudicación procedente e garantía exixible.

4. Prazo do contrato: 1 ano, prorrogable un ano máis.

5. Clasificación do contratista: non se exixe.

6. Garantías. Provisional: non se exixe. Definitiva: 5 % do importe total da licitación, excluído o IVE (7.000,00 €).

7. Solvencias:

a) Solvencia económica e financeira: acreditarase polo seguinte medio: volume anual de negocios do licitador, referido ao ano de maior volume dentro dos tres últimos exercicios concluídos, por importe igual ou superior a 105.000,00 € (IVE non engadido). Acreditarase por medio das contas anuais do licitador aprobadas e depositadas no Rexistro Mercantil, se o empresario estivese inscrito no dito rexistro e, no caso contrario, polas depositadas no rexistro oficial en que deba estar inscrito. Os empresarios individuais non inscritos no Rexistro Mercantil acreditarán o seu volume anual de negocios mediante os seus libros de inventarios e as súas contas anuais legalizados polo Rexistro Mercantil.

b) Solvencia técnica e profesional: acreditarase cumprindo o seguinte requisito: relación, que incluirá importe, datas e o destinatario, público ou privado, dos principais servizos realizados nos últimos cinco anos polo licitador de igual ou similar natureza aos que constitúen o obxecto do contrato, tomando como criterio de correspondencia entre os servizos prestados polo licitador e os que constitúen o obxecto do contrato, a igualdade entre os dous primeiros díxitos do CPV 66600000 (66), durante o ano de maior execución do período citado, debendo acreditar o licitador como executado durante o ano de maior execución do período citado, un importe igual ou superior ao 70 % do valor estimado do contrato (98.000,00 €) (IVE non engadido). Os servizos acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público ou, cando o destinatario sexa un suxeito privado, mediante un certificado expedido por este ou, a falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario.

8. Mesa de contratación: será constituída de acordo co sinalado no prego administrativo.

9. Criterios de selección e adxudicación:

a) Dependentes de xuízo de valor: serán os seguintes que se valorarán e ponderarán como a continuación se sinala, xunto coa documentación que se vai presentar para que poidan puntuarse (máximo 40 puntos):

i. Equipo adscrito á execución do contrato, con especial incidencia no relativo aos medios persoais (ata 10 puntos).

ii. Plan de desenvolvemento dos traballos, atendendo á estrutura organizativa do Concello de Sanxenxo, analizando os seguinte aspectos (ata 10 puntos). Establécese un límite máximo de 10 folios de extensión para o desenvolmento do dito plan. As entidades que excedan o dito límite ou sen excederse recollan contidos non exixidos neste parágrafo sufrirán unha minoración da valoración do plan.

1º. Secuencia de esforzos tendentes a axilizar a xestión en fases iniciais, limitando, polo tanto, a xestión en fase executiva.

2º. Estudo detallado de todas as opcións dirixidas a mellorar e acurtar os tempos de notificación.

3º. Medidas tendentes a axilizar a xestión evitando a prescrición das infraccións ou a caducidade dos procedementos.

iii. Adaptación do procedemento sancionador á normativa da Administración Electrónica (ata 10 puntos).

iv. Defensa e representación xurídica do Concello nos recursos contenciosos-administrativos (ata 10 puntos).

b) Criterio de adxudicación avaliable matematicamente. Prezo: consistirá na redución das porcentaxes establecidas como retribución máxima para o adxudicatario na cláusula 2ª deste prego. Valorarase ata un máximo de 40 puntos distribuídos do seguinte xeito:

i. Colaboración na xestión e recadación das multas de tráfico: ata un máximo de 20 puntos. A razón de 1 punto por cada 0,5 puntos de baixa sobre o 29 % da recadación líquida en período voluntario sinalado como tipo de licitación e 1 punto por cada 1 % de baixa sobre o 38 % do principal recadado en período executivo.

ii. Colaboración na xestión e recadación dos restantes expedientes administrativos sancionadores de natureza distinta as multas de tráfico, agás as de natureza urbanística: ata un máximo de 20 puntos. A razón de 1 punto por cada 0,5 % de baixa sobre o 35 %, 25 % e 15 % do recadado en período voluntario segundo a contía da sanción e 1 punto por cada 0,5 % de baixa sobre o 35 %, 30 % ou 20 % do principal recadado en período executivo segundo a contía da sanción.

No caso de que se ofrecesen neste criterio fraccións de redución que non alcanzasen a cifra establecida para outorgar a puntuación estipulada para cada porcentaxe de baixa fixada anteriormente, a puntuación que se outorgaría por esta fracción sería proporcional con dous decimais.

10. Publicidade: anuncio no perfil de contratante da páxina web municipal (www.sanxenxo.es), no BOPPO e no DOG.

11. Presentación de ofertas. De luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, no Rexistro Xeral do concello, durante o prazo de 15 días naturais desde o seguinte ao da última publicación do anuncio, sexa esta no BOPPO, no DOG ou no perfil de contratante.

12. Entidade e información: Concello de Sanxenxo-Sección de contratación. Teléfono 986 72 00 75 e web www.sanxenxo.es, perfil de contratante.

Sanxenxo, 22 de decembro de 2017

Telmo Martín González
Alcalde presidente