Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 5 de xaneiro de 2018 Páx. 1271

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sanxenxo

ANUNCIO de licitación da contratación da subministración de carburantes, en estación de servizo, para os vehículos do parque móbil e maquinaria municipal.

Aprobados os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas, que rexen a contratación da subministración de carburantes, en estación de servizo, para os vehículos do parque móbil e maquinaria municipal, anúnciase a convocatoria para a súa contratación.

1. Obxecto: a contratación da subministración de carburantes, en estación de servizo, para os vehículos do parque móbil e maquinaria municipal.

2. Duración do contrato: terá unha duración de dous anos, sen posibilidade de prórroga.

3. Prezo de licitación: sinálase como orzamento máximo de licitación por ano (12 meses), 78.512,40 € sen incluír o IVE, o IVE ascende a 16.487,60 e o orzamento máximo de licitación por ano, con IVE, é de 95.000,00 €.

4. Procedemento, tramitación e órgano de contratación: a adxudicación realizarase mediante tramitación ordinaria e procedemento aberto (con multiplicidade de criterios de valoración). O órgano de contratación é a alcaldía.

5. Clasificación: non se exixe.

6. Solvencias:

a) Solvencia económica e financeira: acreditarase a través do volume anual de negocios do licitador, referido ao ano de maior volume dentro dos tres últimos exercicios concluídos, por importe, que non inclúe IVE, igual ou superior a 235.537,20 € (unha vez e media do valor estimado do contrato). Acreditarase por medio das contas anuais do licitador aprobadas e depositadas no Rexistro Mercantil, se o empresario estivese inscrito no dito rexistro e, no caso contrario, polas depositadas no rexistro oficial no que deba estar inscrito. Os empresarios individuais non inscritos no Rexistro Mercantil acreditarán o seu volume anual de negocios mediante os seus libros de inventarios e as súas contas anuais legalizados polo Rexistro Mercantil.

b) Acreditación da solvencia técnica e profesional: mediante relación que incluirá importe, datas e o destinatario, público ou privado, das principais subministracións realizadas no ano de maior facturación dos últimos cinco anos, de igual ou similar natureza aos que constitúen o obxecto do contrato, tomando como criterio de correspondencia entre as subministracións executadas polo licitador e as que constitúen o obxecto do contrato, a igualdade entre os dous primeiros díxitos dos CPV 09134000-7 e 09132100-4 (09). O licitador deberá acreditar como executado durante ese ano de maior execución do período citado, un importe igual ou superior ao 70 % do valor estimado do contrato (109.917,36 € sen IVE). As subministracións acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público ou, cando o destinatario sexa un suxeito privado, mediante un certificado expedido por este ou, a falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario.

7. Garantías. Provisional: non se exixe. Definitiva: 5 % do importe total do prezo máximo de licitación e excluído o IVE, 7.851,24 €.

8. Mesa de contratación: será constituída de acordo co sinalado no prego administrativo.

9. Criterios de adxudicación:

a) Distancia: ata un máximo de 50 puntos. Para estes efectos os licitadores deberán presentar unha memoria detallada das instalacións onde se prestará o servizo, con indicación exacta da distancia da estación de servicio ao Concello (Casa do Concello, km 0), computándose esta distancia a través de estradas maiormente utilizadas e no seu percorrido máis curto.

b) Prezo: expresarase nunha única porcentaxe de desconto que se aplicará a todos os tipos de carburante, respecto ao prezo do surtidor no momento da repostaxe. Valorarase ata un máximo de 50 puntos.

10. Publicidade: anuncio no perfil do contratante da páxina web municipal (www.sanxenxo.es), no BOPPO e no DOG.

11. Lugar e prazo de presentación de ofertas: as proposicións presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Sanxenxo das 9.00 ás 14.00 horas, dentro do prazo de quince (15) días naturais a contar desde o día seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, Diario Oficial de Galicia e no perfil do contratante do órgano de contratación que figura na páxina web do Concello www.sanxenxo.es. O cómputo de prazos comezará desde a derradeira publicación en calquera dos medios citados.

12. Entidade e información: Concello de Sanxenxo-Sección de Contratación. Teléfono 986 72 00 75. A documentación recollerase no Concello de Sanxenxo e a través da web www.sanxenxo.es, perfil de contratante.

Sanxenxo, 22 de decembro de 2017

Telmo Martín González
Alcalde presidente