Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 5 de xaneiro de 2018 Páx. 1264

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oroso

ANUNCIO de licitación do contrato de obra de mellora da rede viaria O Cachopal-Igrexa de San Mamede (Os Ánxeles).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención de información:

a) Organismo: Concello de Oroso.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Obtención de documentación e información:

i) Dependencia: Intervención.

ii) Domicilio: praza de Isaac Díaz Pardo, 1.

iii) Localidade e código postal: Oroso 15888.

iv) Teléfono: 981 69 14 78.

v) Telefax: 981 69 17 86.

vi) Correo electrónico: contratacion@oroso.es.

vii) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.concellooroso.com.

viii) Data límite de obtención de documentación e información: ata 2 días naturais antes da finalización do prazo para presentación de proposicións.

d) Número de expediente: 2017/C003/000009.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato de obras.

b) Descrición: mellora da rede viaria O Cachopal-A Igrexa de San Mamede (Os Ánxeles).

c) CPV: 45233222-1: traballos de pavimentación e asfaltado.

d) Prazo de execución: 3 meses.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto cun único criterio de adxudicación.

c) Criterios de adxudicación: factor prezo.

4. Orzamento base de licitación: 107.438,02 euros máis IVE de 22.561,98 euros. Total 130.000 euros (IVE incluído).

5. Garantías exixidas. Definitiva (5 %) do importe de adxudicación.

6. Valor estimado: 128.925,62 euros.

7. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 26 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio no BOP, no perfil do contratante ou no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada na claúsula 11 do prego de claúsulas administrativas particulares.

b) Modalidade de presentación: presencial ou por correo.

c) Lugar de presentación:

i) Dependencia: Rexistro Xeral do Concello.

ii) Domicilio: praza de Isaac Díaz Pardo, 1.

iii) Localidade e código postal: Oroso 15888.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 3 meses.

9. Apertura de ofertas: publicarase no perfil do contratante.

10. Pregos: publicaranse no perfil do contratante.

11. Gastos de publicidade: os gastos que xeren os anuncios, cun máximo de 1.000 euros.

Oroso, 21 de decembro de 2017

Manuel Mirás Franqueira
Alcalde