Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Xoves, 4 de xaneiro de 2018 Páx. 1036

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (DSP 144/2017).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 144/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Pedro Cota Gómez contra Nortconsulting Sistemas, S.L., Nortconsulting Soluciones, S.L.U. e Fogasa sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Auto.

A Coruña, 9 de novembro de 2017

Único. Nos presentes autos ditouse sentenza o 30 de outubro de 2017. A parte demandante e demandada presentan escritos co fin de que se aclare a sentenza. A demandada en relación coa indemnización fixada ao considerar que é superior á legalmente procedente.

Fundamentos de dereito:

Único. Entendo que ao abeiro dos artigos 214 e 215 da LAC ha de darse cumprimento ao solicitado polas partes, pois efectivamente este juzgador calculou erroneamente a indemnización procedente e denominou unha das demandadas cun nome erróneo:

Así, seguindo os parámetros que na declaración de feitos probados se recolle, resulta unha antigüidade do 20.1.2009 e unha data de extinción da relación laboral do 31.12.2016, sendo o salario o de 2.203,30 euros mes con rateo de pagas extras; iso resulta que a indemnización ha de ascender a 21.744,04 euros e non os 24.194,04 euros que por erro aritmético se consignaron na sentenza. Este erro ha de ser emendado e corrixido na decisión da sentenza ditada.

Ao longo da declaración de feitos probados, fundamentos de dereito e na decisión da sentenza, á entidade Nortconsulting Soluciones, S.L.U. foi denominada erroneamente como Norconsulting Operaciones, S.L.U. Por iso, procede emendar o devandito erro sinalando que alí onde se diga: “Nortconsulting Operaciones, S.L.U.”, ha de dicir: “Norconsulting Soluciones, S.L.U.”.

Parte dispositiva:

Ten lugar a aclaración da sentenza ditada no presente procedemento nos termos recollidos neste auto.

Contra esta resolución non cabe recurso ningún.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Nortconsulting Sistemas, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 9 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza