Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Xoves, 4 de xaneiro de 2018 Páx. 1038

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (151/2016).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 151/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Saul Tojeiro López contra Rufei Sun e outro, S.C., Chen Zufang, Rufei Sun e Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Acordo:

– Citar as partes para que comparezan o día 7.2.2018, ás 10.25 horas, na Secretaría deste xulgado ao acto de conciliación ante a letrada da Administración de xustiza e, en caso de non avinza, o día 7.2.2018, ás 10.30 horas, na planta baixa, sala de vistas, Edificio Xulgados ao acto de xuízo.

– Constando negativas polo Servizo Común de Notificacións desta cidade, as notificacións dos demandados Rufei Sun y otro, S.C., e Rufei Sun e non tendo datos para realizar a busca domiciliaria integral a través do punto neutro xudicial, cíteselles a través de edictos.

Así mesmo, procédase a consulta domiciliaria integral do demandado Zufan Chen telematicamente a través do punto neutro xudicial e co seu resultado acordarase.

– Advírtase as partes que en caso de non comparecer nin alegar xusta causa que motive a suspensión dos actos de conciliación ou xuízo, o demandante non comparecido será tido por desistido da súa demanda, non impedindo a celebración dos actos de conciliación e xuízo a non comparecencia do demandado, continuando o procedemento, sen necesidade de declarar a súa rebeldía.

– Respecto aos outrosís solicitados para os efectos previstos no artigo 81.4 da LXS, paso dar conta ao xuíz.

Ao outrosí, tense por anunciado o propósito de comparecer asistido/a representado/a de avogado/a ou graduado social para os efectos do artigo 21.2 da LXS e por designado domicilio para os efectos de comunicacións, artigo 53 da LXS.

– Antes da notificación desta resolución ás partes paso a dar conta á súa señoría da sinalización efectuada.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin, producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata tanto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición a interpoñer ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén aquela, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza

E para que sirva de notificación en legal forma a Rufei Sun y otro, S.C., e Rufei Sun, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no boletín oficial correspondente.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza