Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Mércores, 3 de xaneiro de 2018 Páx. 319

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (722/2015).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 722/2015 deste xulgado do social seguido por instancia de Alfonso Tarrío Redondo contra Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A. e Ilunión Seguridad, S.A. e Fogasa sobre ordinario, en reclamación por ordinario, se ditou a seguinte sentenza, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza número 534/2017.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2017.

Vistos por min, Paula Méndez Domínguez, maxistrada do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, os presentes autos de procedemento ordinario número 722/2015, seguidos por instancia de Alfonso Tarrío Redondo, asistido pola letrada Sra. Verde Crespo, contra Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A., que non compareceu ao xuízo oral, e contra Ilunión Seguridad, S.A., representada e asistida polo letrado Sr. Agra Requeijo; foi citado o Fogasa, que non compareceu ao acto del xuízo oral, en virtude das facultades que me foron dadas pola Constitución española, dito a presente sentenza, con base nos seguintes»,

«Resolvo.

Que estimando parcialmente a demanda interposta por Alfonso Tarrío Redondo contra Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A., Ilunión Seguridad, S.A e Fogasa, efectúo os pronunciamentos seguintes:

1. Debo condenar e condeno a Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A. a lle aboar ao demandante a suma de 3.861,15 euros brutos polos conceptos sinalados no feito probado oitavo desta sentenza, máis os xuros por mora previstos no artigo 29.3 do ET respecto da dita cantidade desde a interposición da papeleta de conciliación ata a presente resolución, e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

2. Debo absolver e absolvo a Ilunión Seguridad, S.A. das peticións deducidas na súa contra.

3. No que atinxe á responsabilidade do Fogasa, deberase observar o que resulte do artigo 33 do ET, con notificación da presente resolución.

Notifíquese ás partes a presente resolución e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contado desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregaráselle á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza