Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Mércores, 3 de xaneiro de 2018 Páx. 321

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 156/2017).

ETJ ejecución de títulos judiciales 156/2017

Procedimiento origen: procedimiento ordinario 632/2015

Sobre ordinario

Demandante: Miguel Ángel Suárez Muíños

Abogado: Ramón Quintela Miramontes

Demandados: Fogasa, Ana María Suárez Muíños

Abogado: letrado de Fogasa

Declaración de insolvencia.

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que na execución seguida neste xulgado co número 156/2017, por instancia de Miguel Ángel Suárez Muíños contra a executada Ana Mª Suárez Muíños, sobre reclamación de cantidade, se ditou, o día 29 de novembro de 2017, decreto de insolvencia no sentido de declarar a executada en situación de insolvencia total, por importe de 20.000 euros de principal, máis 1.674,08 euros en concepto de xuros de mora, máis 2.167,40 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

E de conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido esta declaración para a súa inserción no boletín ao seu cargo.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza