Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Martes, 2 de xaneiro de 2018 Páx. 222

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (794/2015).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 794/2015 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Alejandra Soutiño Fernández e Concepción Vispo Montero contra a empresa Talleres Fernández Coruña, S.L., Ifer Coruña, S.L. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou sentenza cuxa sentenza é a seguinte:

Decido.

Que, estimando a demanda interposta polas demandantes, con citación do Fogasa, debo condenar e condeno a empresa Talleres Fernández Coruña, S.L. a que aboe a Concepción Vispo Montero 8.579,06 € e condeno a entidade Ifer Coruña, S.L. a que aboe a Alejandra Soutiño Fernández 13.068,39 €.

Notifíquese esta resolución ás partes ás que se fará saber que contra esta só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anuncialo ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá ao anunciar o recurso entregar resgardo acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banco de Santander desta cidade.

E igualmente deberá no momento de interpoñer o recurso consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Talleres Fernández Coruña, S.L. e Ifer Coruña, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no DOG.

A Coruña, 30 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza