Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Martes, 2 de xaneiro de 2018 Páx. 223

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (823/2015).

Eu, María Blanco Aquino, letrada da Administración de Xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 823/2015 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Jesús Becares Rubio contra a empresa Vías y Construcciones, S.A., Regal Tempo, S.L., José Correira Pinto-Construçoes Unipessoal, L.D.A., Petrolam A Veiga, S.L. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou sentenza cuxa decisión é a seguinte:

Decido

Que, estimando a demanda interposta polo demandante Jesús Becares Rubio, con citación do Fogasa, debo condenar e condeno a empresa Vía y Construcciones, S.A. e Petrolam A Veiga, S.L. a que aboen a cantidade total de 2.208 euros e aos demandados Regal Tempo, S.L. e José Carreira Pinto-Construçoes Unipessoal, L.D.A. a que aboen 2.794,46 €, máis os xuros do 10 % respecto da cantidade que teña carácter salarial.

Notifíquese esta resolución ás partes ás que se fará saber que contra esta só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anuncialo ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá ao anunciar o recurso entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banco de Santander desta cidade.

E igualmente deberá no momento de interpoñer o recurso consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Regal Tempo, S.L. e José Correira Pinto-Construçoes Unipessoal, L.D.A., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no DOG.

A Coruña, 5 de decembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza