Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Martes, 2 de xaneiro de 2018 Páx. 220

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 19 de decembro de 2017 pola que se modifica a Orde do 28 de xullo de 2017 pola que se fai pública a relación de persoal aspirante que superou o concurso-oposición nos procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, de acceso ao corpo de profesores de música e artes escénicas, e de ingreso ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia, convocados pola Orde do 7 de abril de 2017 (Diario Oficial de Galicia do 17 de abril).

Logo de estimado o recurso de alzada que formulou Noelia Sánchez Vaamonde en relación co procedemento selectivo convocado pola Orde do 7 de abril de 2017, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLVE:

Primeiro. Modificar a Orde do 28 de xullo de 2017 (DOG do 23 de agosto) pola que se fai pública a relación do persoal aspirante que superou o concurso-oposición nos procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, de acceso ao corpo de profesores de música e artes escénicas, e de ingreso ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia, convocados pola Orde do 7 de abril de 2017, incluíndo nesa relación a:

Especialidade

Quenda

NIF

Apelidos e nome

Puntos oposición

Puntos concurso

Concurso-oposición

Lingua Castelá e Literatura

L

53164433W

Sánchez Vaamonde, Noelia

5,7625

4,0000

5,1749

Debe incluírse na lista desta especialidade e colocarase a continuación de Sacco Alonso, Beatriz (DNI 36156790P)

Segundo. O disposto no punto anterior supón a modificación do número de orde da lista de persoas aprobadas nesta especialidade que figuraban na Orde do 28 de xullo de 2017 (DOG do 23 de agosto).

Terceiro. A opositora relacionada no punto primeiro da presente orde é nomeada funcionaria en prácticas con efectividade administrativa do 5 de decembro de 2017 e económica do día da toma de posesión no seu destino.

Cuarto. A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos adoptará todas as medidas que sexan precisas para o desenvolvemento deste orde.

Quinto. Contra esta orde, que lle pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular un recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade coa Lei 29/1988, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2017

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria