Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Martes, 26 de decembro de 2017 Páx. 58304

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 11 de decembro de 2017 pola que se emprazan os interesados no procedemento ordinario 201/2017 no expediente de reposición da legalidade COR/153/2016-RP1, ao ser devolta a notificación polo servizo de Correos.

Para os efectos de darlle cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 4 da Coruña, en relación co procedemento ordinario 201/2017, interposto por Manuel Rama Rey contra a Resolución do 26 de xullo de 2017 ditada pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, no expediente de reposición da legalidade urbanística COR/153/2016-RP1, na cal se declara que as obras executadas en solo rústico, sen autorización urbanística autonómica, consistentes na demolición dunha edificación existente e a reconstrución dunha nova, no lugar de Rumbo, parroquia de Celas, concello de Culleredo, no son legalizables, por seren incompatibles co ordenamento urbanístico e ordena a demolición das obras e reposición dos terreos afectados ao estado anterior ao inicio das obras, así como o cesamento definitivo dos usos aos cales desen lugar, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 4 da Coruña.

Ao non poder realizarse a notificación persoal dos emprazamentos, mediante esta cédula (que, ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, LPACAP, se lle notifican por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado) emprázase a Mª del Carmen Rama Rey para que se poida presentar como interesada nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2017

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística