Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Martes, 26 de decembro de 2017 Páx. 58302

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 23 de novembro de 2017 polo que se notifican as resolucións ditadas en expedientes en materia de dominio público hidráulico (expediente DH.W15.56936 e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións publicas, despois de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanselles, ás persoas definidas no anexo, as resolucións ditadas nos expedientes DH.W15.56936 e dous máis, en materia de dominio público hidráulico.

En cumprimento do artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, os interesados poderán comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro das mencionadas resolucións e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, as notificacións entenderanse producidas desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Contra estas resolucións que non esgotan a vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada ante o presidente de Augas de Galicia, de conformidade co previsto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa comparecencia ou da publicación no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2017

Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia

ANEXO

Expediente

Interesados

Enderezo

Data da resolución

Sentido da resolución

DH.W15.56936

José María Vieites García

Besaña, Foxas

15822 Touro

2.8.2017

Arquivamento

DH.W15.57957

José Luis López López

r/ Enrique Mariñas Romero, 26, 2º F

15009 A Coruña

25.9.2017

Favorable

DH.W36.57682

José Cagide García

Castro, 14, Besexos

36598 Vila de Cruces

1.9.2017

Favorable