Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Mércores, 20 de decembro de 2017 Páx. 57643

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (325/2015).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 325/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Ángel Estévez Pardiñas contra Hermanos Seoane, S.L. e Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Que estimando substancialmente a demanda interposta por Manuel Ángel Estévez Pardiñas contra Hermanos Seoane, S.L., debo condenar e condeno a mercantil demandada a lle aboar ao demandante a suma de 34.479,45 euros polos conceptos indicados no feito probado terceiro desta sentenza, incrementada cos xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre os conceptos salariais –que comportan 15.530,16 euros– desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución, e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución, e os xuros do artigo 1108 do Código civil sobre a indemnización –que comporta 18.949,29 euros– desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa, non procede a súa condena nesta instancia. Deberase observar o que resulte da aplicación do artigo 33 do ET, con notificación da presente resolución.

Notifíquese ás partes a presente resolución e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contado desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregaráselle á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Hermanos Seoane, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza