Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Mércores, 20 de decembro de 2017 Páx. 57642

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (990/2016).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 990/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Giorgio Rucci contra Blanco y Suárez 2015, S.L. sobre reclamación de cantidade P. ordinario, se ditou sentenza, cuxa resolución di:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade interpuxo Giorgio Rucci contra a entidade Blanco y Suárez 2015, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Blanco y Suárez 2015, S.L. a que lle aboe ao demandante a cantidade de 1.279,56 € líquidos, por salarios de xuño e setembro de 2015, e 330,93 € brutos pola compensación económica polas vacacións non desfrutadas, incrementadas no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe interpor ningún recurso.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo. Asinado, maxistrada xuíza Pilar Carreira Vidal. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Blanco y Suárez 2016, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 27 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza