Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Mércores, 20 de decembro de 2017 Páx. 57640

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1135/2016).

PO procedemento ordinario 1135/2016

Procedemento orixe: /

Sobre ordinario

Demandante: Miguel Ángel Carro Gómez

Avogada: Lidia Vázquez Méndez

Demandados: Fogasa, Alucon Noroeste, S.L.U.

Avogado/a: letrado de Fogasa

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento procedemento ordinario 1135/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Miguel Ángel Carro Gómez contra Alucon Noroeste, S.L.U., e Fogasa sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Que debo admitir e admito a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Miguel Ángel Carro Gómez, contra a entidade Alucon Noroeste, S.L.U. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Alucon Noroeste, S.L.U., a que aboe ao demandante a cantidade de 10.256,49 € brutos, por salarios percibidos entre xaneiro de 2015 e xaneiro de 2016, e a compensación económica das vacacións non gozadas, incrementadas nos xuros do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Alucon Noroeste, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 27 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza