Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Martes, 19 de decembro de 2017 Páx. 57491

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Primeira)

EDICTO de notificación de sentenza (RSU 2894/2017 BC).

Tipo e número de recurso: RSU recurso de suplicación 2894/2017 BC

Xulgado de orixe/autos: Seguridade Social 263/2015 Xulgado do Social número 5 de Vigo

Recorrentes: Instituto Nacional da Seguridade Social, Blokdegal, S.A., Granitos do Couto, S.A., José Manuel Domínguez Pérez, Graniblock, S.L.

Avogado: letrado da Seguridade Social, Gema García Gómez, Beatriz Lago Gómez, Alfredo Briales de Porcioles, Beatriz Lago Gómez

Procuradora: María Dolores Luisa Villar Pispieiro

Recorridos: Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Dolores Rodríguez Domínguez, Roberto Rodríguez Domínguez, José Antonio Rodríguez Domínguez, Delia Domínguez Fernández, Granitos Fernández Rodríguez, S.L.

Avogado: letrado da Tesouraría da Seguridade Social

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2894/2017 desta sección, seguido por instancia do Instituto Nacional da Seguridade Social, Blokdegal, S.A., Granitos do Couto, S.A., José Manuel Domínguez Pérez, Graniblock, S.L., contra Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Dolores Rodríguez Domínguez, Roberto Rodríguez Domínguez, José Antonio Rodríguez Domínguez, Delia Domínguez Fernández, Granitos Fernández Rodríguez, S.L., sobre recarga de accidente, foi ditada a seguinte resolución:

«Decidimos que, con desestimación dos recursos interpostos polo Instituto Nacional da Seguridade Social, por José Manuel Domínguez Pérez e polas empresas Blokdegal, S.A., Graniblock, S.A. e Granitos do Couto, S.A., confirmamos a sentenza que con data 29.9.2016 foi ditada en autos tramitados polo Xulgado do Social número 5 de Vigo, por instancia de José Manuel Domínguez Pérez e pola cal se acolleu en parte a demanda formulada.

Modo de impugnación. Faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará mediante escrito presentado ante esta sala dentro do prazo improrrogable dos dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida dos catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se houber cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións” ou “Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Granitos Fernández Rodríguez, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 21 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza