Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Martes, 19 de decembro de 2017 Páx. 57489

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO de notificación de sentenza (RSU 3760/2017-MBL).

Tipo e número de recurso: RSU recurso de suplicación 3760/2017-MBL

Xulgado de orixe/autos: P. oficio autoridade laboral 244/2016 Xulgado do Social número 2 de Ourense

Recorrente: Complejo Osiris, S.L.

Avogada: María del Carmen Argiz Vilar

Recorridos: Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Lucy América Sevillano Quiñones, Yesenia Cruz Polanco, Adriana María Yepes Orrego, Rosa María Germán Castillo, Fátima Abdulahi

Avogado: letrado da Seguridade Social

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3760/2017 desta sección, seguido por instancia de Complejo Osiris, S.L. contra Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Lucy América Sevillano Quiñones, Yesenia Cruz Polanco, Adriana María Yepes Orrego, Rosa María Germán Castillo, Fátima Abdulahi sobre outros dereitos laborais, foi ditada a sentenza coa parte dispositiva seguinte:

«Que, con desestimación do recurso interposto pola empresa Complejo Osiris, S.L., confirmamos a sentenza do 13 de xuño de 2017, do Xulgado do Social número 2 dos de Ourense, ditada nos autos 244/2016 sobre procedemento de oficio.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación. Faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará mediante escrito presentado ante esta sala dentro do prazo improrrogable dos dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida dos catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se houber cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións” ou “Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Adriana María Yepes Orrego, Rosa María Germán Castillo, Lucy América Sevillano Quiñones, Yesenia Cruz Polanco e a Fátima Abdulahi, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 24 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza