Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Luns, 18 de decembro de 2017 Páx. 57010

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (704/2015).

PO (procedemento ordinario) 704/2015

Procedemento orixe: /

Sobre ordinario

Demandante: Vanessa Casais Trillo

Avogado: José Manuel Vales Raña

Demandados: P Y P Azafatas, Fogasa

Avogado: letrado de Fogasa

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 704/2015 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Vanessa Casais Trillo contra a empresa P Y P Azafatas, Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

«Decido

Que estimando integramente a demanda interposta por Vanessa Casais Trillo contra P Y P Azafatas, S.L., debo condenar e condeno a parte demandada a aboarlle á demandante a suma de 852,27 euros polos conceptos sinalados no feito cuarto desta resolución, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do 576 da LAC a partir da presente resolución.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa deberase estar ao que resulte da aplicación do artigo 33 do ET.

Notifíquese ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a esta non cabe recurso.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a P Y P Azafatas, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza