Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Luns, 18 de decembro de 2017 Páx. 57009

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (177/2016).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que mediante a resolución ditada o día da data, no proceso seguido por instancia de Ricardo Rey Ameijeiras contra Segur Ibérica, S.A., rexistrado como procedemento ordinario 177/2016, se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da Lei reguladora da xurisdición social, citar a Segur Ibérica, S.A., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 26 de febreiro de 2018, ás 10.45 horas, na planta baixa, sala 1, edificio na rúa Berlín, para celebrar os actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo. Poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberá acudir con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é unha única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán pola falta inxustificada de asistencia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando unha copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir a forma de auto ou sentenza, ou cando se trate dun emprazamento.

No caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistida de avogado ou representada tecnicamente por graduado social colexiado, ou representada por procurador, deberá pór esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, unha vez trasladada tal intención ao demandante, este poida estar representado tecnicamente por graduado social colexiado ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de se valer no acto do xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

Para que lle sirva de citación a Segur Ibérica, S.A., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza