Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Venres, 15 de decembro de 2017 Páx. 56809

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 83/2017).

Despedimento/cesamentos en xeral (DSP) 83/2017

Sobre: despedimento

Demandante: José Manuel Casas Señaris

Avogada: María Sol Romero Salgado

Demandados: Auditores y Consultores de Eficiencia Energética, S.L., Asesoría Aplicada a la Energía del Noroeste, S.L., Aaenor, S.L., Asesoría Moreira Renovables, S.L., Amore, S.L., Fogasa

Avogados: Manuel Miguez Senra, (…), Manuel Miguez Senra, letrado de Fogasa

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 83/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Casas Señaris contra a empresa Auditores y Consultores de Eficiencia Energética, S.L., Asesoría Aplicada a la Energía del Noroeste, S.L., Aaenor, S.L., Asesoría Moreira Renovables, S.L., Amore, S.L., Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Decisión:

Que debo estimar e estimo parcialmente a demanda formulada por José Manuel Casas Señaris contra a entidade Cre Auditores y Consultores de Eficiencia Energética, S.L., debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento efectuado á demandante e, en consecuencia, condeno a demandada a que readmita o demandante nas mesma condicións que rexían antes de producirse o despedimento, con aboamento dos salarios de tramitación deixados de percibir dende a data efectiva do despedimento ata a notificación da sentenza, a razón de 70,01 euros diarios, ou ben, á elección do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento á demandante da indemnización de 3.658,18 euros por despedimento improcedente; todo iso sen prexuízo das responsabilidades legais do Fogasa.

A opción do empresario entre a readmisión do traballador ou a indemnización por despedimento improcedente deberase exercer no prazo de 5 días contados a partir da notificación da presente resolución, mediante un escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o dito prazo sen que optase entenderase que procede a readmisión.

Desestímase a demanda contra Amore, S.L. e Aaenor, S.L., e son absoltas de todos os pedimentos contra elas solicitados.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución. Abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Asesoría Aplicada a la Energía del Noroeste, S.L.-Aaenor, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza