Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Venres, 15 de decembro de 2017 Páx. 56808

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (689/2015).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 689/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Carlos Rodríguez López contra a empresa Servimar Innova, S.L., ditouse sentenza cuxa parte dispositiva se xunta:

«Que, estimando integramente a demanda interposta por Juan Carlos Rodríguez López, contra Servimar Innova, S.L., debo condenar e condeno a mercantil demandada Servimar Innova, S.L. a aboarlle ao demandante a suma de 1.822,85 euros brutos polos conceptos indicados no feito probado cuarto desta sentenza, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre a devandita cantidade desde a presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución, e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa, non procede a súa condena nesta instancia e debe observarse que resulte da aplicación do artigo 33 do ET, con notificación desta resolución.

Notifíquese ás partes a presente resolución, facéndolles saber que fronte a ela non cabe recurso».

E para que sirva de notificación en legal forma a Servimar Innova, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de decreto, auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza