Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Venres, 15 de decembro de 2017 Páx. 56807

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (122/2017).

Eu, Alberto López Luengo, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento ordinario 122/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rafael del Río de la Rosa contra a empresa Bodegas Montemar, S.L., Venta y Distribución de Bebidas Galicia Sur, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, ditouse a resolución que se sinala, cuxo texto íntegro está á disposición do interesado na sede do xulgado:

Sentenza do 2.11.2017 contra a que poderá interpoñerse recurso de suplicación no prazo de cinco días hábiles seguintes á súa notificación.

E para que sirva de notificación en legal forma a Bodegas Montemar, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 17 de novembro de 2017

O letrado da Administración de xustiza