Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Venres, 15 de decembro de 2017 Páx. 56819

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (528/2016).

PO. Procedemento ordinario 528/2016

Procedemento de orixe: sobre ordinario

Demandante: Laura Liliana Bogado Silva

Demandados: Fogasa e David Couñago Cores

Avogado/a: letrado/a de Fogasa

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 528/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Laura Liliana Bogado Silva contra David Couñago Cores e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza 525/2017.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2017.

Visto por min, María Sánchez Galindo, xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 dos de Santiago de Compostela, o estado procesual que manteñen as presentes actuacións, rexistradas ante este órgano xudicial como PO (en materia de reclamación de cantidades, concretamente reclamación de diferenzas salariais), baixo o número 528/2016, nas cales é parte demandante a traballadora Laura Liliana Bogado Silva, asistida pola letrada Sra. Cancela Regueiro, e é parte demandada a mercantil de David Couñago Cores, que non comparece ao acto de xuízo malia constar citada en legal forma e tempo en unidade de autos, en nome do rei dito este edicto con base no seguinte:

Resolvo que debo estimar e estimo a demanda presentada por Laura Liliana Bogado Silva, asistida pola letrada Sra. Cancela Regueiro, contra a empresa demandada David Couñago Cores, e, en consecuencia, debo condenar e condeno a empresa demandada a aboarlle á traballadora demandante a cantidade de 5.325,15 euros en concepto de cantidades salariais devindicadas e non aboadas (isto é, nóminas desde o mes de xullo de 2015 ata o mes de novembro de 2015 máis quince (15) días de vacacións non desfrutadas do ano 2015 máis doce (12) días de indemnización por fin de contrato), xunto co 10 % de xuro anual devindicado ex artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores sobre a totalidade do concepto reclamado por aplicación do artigo 26.1 do mesmo texto legal (neste caso, 10 % de xuro anual sobre o importe de 5.325,15 euros que ascende a 532,51 euros).

Que, así mesmo, debo condenar e condeno a empresa David Couñago Cores a aboar a favor da traballadora demandante a cantidade que corresponda en concepto de custas causadas nesta instancia ex artigo 66.3 da Lei reguladora da xurisdición social.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes interesadas coa advertencia de que non é firme e que contra ela cabe interpor recurso de suplicación, que se presentará no prazo de cinco días hábiles contados desde o seguinte ao da súa notificación perante este órgano de xustiza, para ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, logo das consignacións legais fixadas para tal efecto, de acordo co disposto na norma procesual de aplicación.

Así, María Sánchez Galindo, xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, o pronuncio, mando e asino, por esta miña sentenza, da cal se unirá testemuño literal aos autos orixinais.

A xuíza substituta».

Para que lle sirva de notificación en legal forma a David Couñago Cores, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza