Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Venres, 15 de decembro de 2017 Páx. 56821

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (537/2016).

PO procedemento ordinario 537/2016

Procedemento orixe: /

Sobre ordinario

Demandante: Fundación Laboral de la Construcción

Avogado: Adrián Núñez Fernández

Demandados: Fogasa, Solar 5, S.L.

Avogado: letrado de Fogasa

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 537/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia da Fundación Laboral de la Construcción contra Solar 5, S.L., Fogasa sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza 524/2017.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2017.

Visto por min, María Sánchez Galindo, xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 dos de Santiago de Compostela, o estado procesual que manteñen as presentes actuacións, rexistradas ante este órgano xudicial como PO (en materia de reclamación de cantidades, concretamente reclamación de diferenzas salariais) baixo o número 537/2016, nas que é parte demandante a Fundación Laboral de la Construcción, asistida pola procuradora dos tribunais Sra. Fernández Durán, e é parte demandada a mercantil Meco Solar 5, S.L., que non comparece ao acto de xuízo a pesar de constar citada en legal forma e tempo en unidade de autos, en nome da súa maxestade o rei veño a ditar esta con base nos seguintes.

Parte dispositiva.

Que debo estimar e estimo a demanda presentada pola Fundación Laboral de la Construcción, representada pola procuradora dos tribunais Sra. Fernández Durán, fronte á empresa Meco Solar 5, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno, a empresa demandada a aboar á Fundación demandante a cantidade de 326,16 euros en concepto de achega acordada en convenio aplicable e percibida desde o mes de xaneiro de 2014 ata o mes de decembro de 2014 xunto coa porcentaxe do 20 % en concepto de recarga por mora no pagamento da achega ex artigo 114 do Convenio xeral do sector da construción aplicable.

Que, así mesmo, debo condenar e condeno a empresa demandada, Meco Solar 5, S.L., a aboar as custas por temeridade causadas nesta instancia ex artigo 66.3 da Lei reguladora da xurisdición social.

Notifíquese esta sentenza ás partes interesadas, coa advertencia de que esta é firme e contra ela non cabe interpoñer recurso de suplicación de acordo co disposto no artigo 191.2.g) da Lei reguladora da xurisdición social.

Así, por esta miña sentenza da que se unirá testemuño literal aos autos orixinais, María Sánchez Galindo, xuíza substituta do Xulgado do Social 3 de Santiago de Compostela, pronúncioo, mándoo e asínoo.

A xuíza substituta».

E para que sirva de notificación en legal forma a Meco Solar 5, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza