Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Xoves, 14 de decembro de 2017 Páx. 56559

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO de citación (DSP 742/2017).

Eu, Rafael González Alió, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 742/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carlos Yáñez Tourón contra Creart Technologies, S.L. sobre despedimento, foi ditada a seguinte resolución:

«Dilixencia de ordenación

Letrado da Administración de xustiza Rafael González Alió

Lugo, 17 de novembro de 2017

Suspendidos os actos de conciliación e xuízo sinalados, por falta de citación da demandada, sinálanse novamente para o día 8.2.2018, ás 11.25 horas, e cítanse as partes en legal forma e coas advertencias legais, as cales, deberán concorrer con todos os medios de proba de que se tenten valer, actos que non se suspenderán pola incomparecencia da demandada.

Accédese á citación xudicial do representante legal da empresa demandada, a fin de ser interrogado como parte no acto da vista, cos apercibimentos previstos no artigo 91.2 da LRXS, sen prexulgar a súa admisión como medio de proba, por tratarse esta de decisión cuxa adopción se debe producir no acto da vista, precedendo proposición de parte.

Ao resultaren infrutuosas as dilixencias practicadas para citación da demandada, sen prexuízo de se efectuaren outras dilixencias complementarias para a súa localización, acórdase citar a empresa demandada por medio de edicto que se inserirá no DOG.

Déase traslado da demanda ao Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandado contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se for o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles tentadas sen efecto serán válidas en canto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou semellantes, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición que se interporá no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación ante o/a letrado da Administración de xustiza que dita esta resolución, con expresión da infracción que contén a xuízo do recorrente e sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

O letrado da Administración de xustiza»

E para que sirva de notificación e citación en legal forma a Creart Technologies, S.L. e ao seu representante legal, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Lugo, 17 de novembro de 2017

O letrado da Administración de xustiza