Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Xoves, 14 de decembro de 2017 Páx. 56557

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (333/2017 bis).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe

Certifico: que neste xulgado se seguen autos número 333/2017 (bis) por instancia de Laura María García Torreira contra as empresas Confección Ideal, S.L., Costurera Invisible, S.L., Vainica Doble, S.L., Deus Deluxe, S.L., Deus Creaciones, S.L., Confecciones Deus, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Bendita Costura, S.L., Predracapela, S.L., Gaviota Textil XXI, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., Perseo Textil, S.L., o administrador concursal de Confecciones Ideal, S.L., o administrador concursal de Deus Creaciones, S.L., de Confecciones Deus, S.L., e de Costura Invisible, S.L., administradores concursais de Confecciones Fraga, S.L. e de Plataforma Costurera, S.L., e o Fondo de Garantía Salarial, sobre resolución de contrato e despedimento, nos cales se ditou sentenza en data 2 de novembro de 2017, que copiada nos particulares necesarios di así:

Decisión

Estímanse as demandas interpostas por Laura María García Torreira fronte ás empresas Confección Ideal, S.L., Costura Invisible, S.L., Vainica Doble, S.L., Deus Deluxe, S.L., Deus Creaciones, S.L., Confecciones Deus, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Bendita Costura, S.L., Pedracapela, S.L., Gaviota Textil XXI, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L. e Perseo Textil, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Declárase extinguida a relación laboral.

– Declárase improcedente o despedimento da traballadora con data de efectos do 20 de marzo de 2017.

– Condénanse as empresas Confección Ideal, S.L., Costura Invisible, S.L., Vainica Doble, S.L., Deus Deluxe, S.L., Deus Creaciones, S.L., Confecciones Deus, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Bendita Costura, S.L., Pedracapela, S.L., Gaviota Textil XXI, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L. e Perseo Textil, S.L. a aboarlle solidariamente a Laura María García Torreira a cantidade de 15.081,44 euros en concepto de indemnización por extinción da relación laboral, a cantidade de 8.226,24 euros, en concepto de salarios de tramitación, e a cantidade de 3.292,20 euros en concepto de cantidades salariais pendentes de pagamento. As ditas cantidades devindicarán o 10 % de xuros moratorios e vinculan todas estas cantidades os administradores concursais de Confección Ideal, S.L., Deus Creaciones, S.L., Confecciones Deus, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Costura Invisble, S.L. e Plataforma Costurera, S.L.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución. Abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, e fará constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Nuevo Siglo Textiles, S.L. expido e asino a presente na Coruña o 22 de novembro de 2017.

A secretaria xudicial