Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Xoves, 14 de decembro de 2017 Páx. 56561

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de citación (213/2016).

PO procedemento ordinario 213/2016

Procedemento orixe: /

Sobre ordinario

Demandante: José Moure Pulleiro

Avogado: Francisco Manuel Pampín Mirás

Demandados: Riveira Enteira, S.L., Fogasa

Avogado/a: letrado de Fogasa

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de José Moure Pulleiro contra Riveira Enteira, S.L., Fogasa, en reclamación por ordinario, rexistrado co número de procedemento ordinario 213/2016, acordouse, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar Riveira Enteira, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 27 de febreiro de 2018 ás 10.00 horas, na planta baixa, sala 1, Edif. Rúa Berlín, para a celebración dos actos de conciliación e, se for o caso, xuízo, aos cales comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e que deberá acudir con todos os medios de proba de que se tente valer, coa advertencia de que é única convocatoria e que os devanditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírteselle que a parte demandante solicitou como probas:

Despois de solicitarse o interrogatorio de parte e sendo a mesma persoa xurídica, débense facer as advertencias que se conteñen no artigo 91.3 e 5 da LXS. Conforme dispón o devandito precepto, o interrogatorio das persoas xurídicas privadas practicarase con quen legalmente as represente e teña facultades para responder a tal interrogatorio. Se o representante en xuízo non tiver intervido nos feitos, deberá levar ao xuízo a persoa coñecedora directa deles. Con tal fin a parte interesada poderá propor a persoa que se deba someter ao interrogatorio xustificando debidamente a necesidade do devandito interrogatorio persoal.

A declaración das persoas que actuasen nos feitos litixiosos en nome do empresario, cando sexa persoa xurídica privada, baixo a responsabilidade deste, como administradores, xerentes ou directivos, soamente se poderá acordar dentro do interrogatorio da parte por cuxa conta tiveren actuado e en calidade de coñecedores persoais dos feitos, en substitución ou como complemento do interrogatorio do representante legal, salvo que, en función da natureza da súa intervención nos feitos e posición dentro da estrutura empresarial, por non prestaren xa servizos na empresa ou para evitar indefensión, o xuíz ou tribunal acorde a súa declaración como testemuñas.

O seu interrogatorio como demandado.

Para tal efecto indícaselle que se non comparece, se poderán ter por certos os feitos da demanda en que tiver intervido persoalmente e lle resultaren en todo ou en parte prexudiciais (artigo 91.2 da LXS).

A achega ao acto do xuízo dos seguintes documentos:

Os indicados no «outrosí digo» do escrito de demanda cuxa copia se achega á presente citación.

Advírteselle que, se os citados documentos non se achegan ao xuízo sen mediar causa xustificada, poderanse estimar probadas as alegacións da parte contraria en relación coa proba acordada (artigo 94.2 da LXS).

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistida de avogado ou representada tecnicamente por graduado social colexiado, ou representada por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida estar este representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de se valer no acto do xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación a Riveira Enteira, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Boletín Oficial da provincia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza