Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Mércores, 13 de decembro de 2017 Páx. 56279

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (587/2015).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber:

Que no procedemento ordinario 587/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Benigno Vázquez Añón, Carlos Roberto Babío Urquidi contra a empresa Prosenorsa, S.L., administración concursal Prosenorsa, S.L., administración concursal Segur Ibérica, S.A., Segur Ibérica, S.A., Fogasa, sobre ordinario, foi ditada a sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva din:

«Sentenza

A Coruña o dezasete de novembro de dous mil dezasete.

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, tendo visto os presentes autos seguidos neste xulgado co nº 587/2015, nos cales son parte, dun lado, como demandantes, Benigno Vázquez Añón, asistido polo letrado José Daniel Pérez López e Carlos Roberto Babío Urquidi, representado polo letrado José Daniel Pérez López, e como demandados Protección y Seguridad del Noroeste, S.L. (Prosenorsa) e Segur Ibérica, S.A., que non comparecen, con intervención procesual da administración concursal de Prosenorsa, S.L., a administración concursal de Segur Ibérica, S.A. e o Fogasa, que non comparecen, sobre cantidades, pronunciou en nome do rei, a seguinte sentenza:

«Decido

Que, estimando en parte a demanda interposta polos actores Carlos Roberto Babío Urquidi e Benigno Vázquez Añón, con citación do Fogasa, debo condenar e condeno a empresa Protección y Seguridad del Noroeste, S.L. (Prosenorsa) a aboar 1.073,16 € a favor do Sr. Babío e 1.218,70 € a favor do Sr. Vázquez, con absolución dos restantes demandados.

Notifíquese esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que contra ela non cabe recurso de suplicación.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza, xulgando definitivamente».

E para que sirva de notificación en legal forma a Prosenorsa, S.L., expido este edicto para a súa inserción Diario Oficial de Galicia (DOG).

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 17 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza