Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Mércores, 13 de decembro de 2017 Páx. 56275

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Lugo

EDICTO (633/2016).

Divorcio contencioso 633/2016-F

Procedemento orixe: familia, garda, custodia, alimentos de fillo menor non matrimonial non consensuado 633/2016

Sobre outros familia incidentes

Demandante: Cristina Elena Zancianu

Procuradora: María Isabel de la Fuente Morado

Avogado: Patricio Vivero Fernández

Demandado: Constantin Zancianu

María José Núñez Abeledo, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Lugo, polo presente anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de Cristina Elena Zancianu fronte a Constantin Zancianu ditouse sentenza, cuxo encabezamento e resolución literal é o seguinte:

Sentenza:

Xuíza que a dita: Ana Freire Calvo.

Lugar: Lugo.

Data: 6 de marzo de 2017.

Obxecto do xuízo: a declaración de divorcio do matrimonio formado polas partes mencionadas.

Vistos por Ana Freire Calvo, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Lugo, os presentes autos de divorcio contencioso número 633/16-F, seguidos por instancia de Cristina Elena Zancianu, representada pola procuradora Isabel de la Fuente Morado, asistida do letrado Patricio Vivero, contra Constantin Zancianu, en situación de rebeldía procesual, con intervención do Ministerio Fiscal.

Decido que, estimando substancialmente a demanda de divorcio presentada por Cristina Elena Zancianu, representada pola procuradora Isabel de la Fuente Morado, contra Constantin Zancianu, en situación de rebeldía procesual, con intervención do Ministerio Fiscal, declaro a disolución por divorcio do matrimonio formado por Cristina Elena Zancianu e Constantin Zancianu, con todos os efectos e consecuencias legais que lle son inherentes. Establécense as seguintes medidas:

1. A garda e custodia do menor, Gabriel Rául Zancianu, atribúese á nai, coa patria potestade compartida de ambos os dous proxenitores.

2. Fíxase como pensión de alimentos a cargo do pai e a favor do menor a cantidade de 250 euros mensuais, que satisfará por mensualidades anticipadas dentro dos cinco primeiros días de cada mes na conta que para tal efecto sinale a nai. A devandita cantidade será obxecto de revisión anualmente conforme o índice de prezos de consumo que anualmente publique o Instituto Nacional de Estatística ou organismo que no futuro puider substituílo. Serán por conta do demandado os gastos extraordinarios nunha porcentaxe do 50 % logo de xustificación destes pola demandante e notificación a este.

3. Fíxase un réxime de visitas aberto e flexible a favor do proxenitor non custodio e acórdase un réxime convencional de fins de semana alternos, conforme os termos que acorden os pais e, na falta de acordo, que sería o aconsellable, o seguinte:

1. O pai deberá gozar da compañía do seu fillo os fins de semana alternos desde as 20.00 horas do venres ata as 17.00 horas do domingo, con pernoita, establecéndose como lugar de entrega e recollida o actual onde reside coa súa nai, Cabanillas del Campo, rúa Virxe da Almudena, nº 10, 19171 Guadalajara. Se houber unha festividade ou ponte inmediatamente antes ou despois dunha fin de semana, acumularase á fin de semana correspondente ao proxenitor con que o menor se encontre gozando o dereito de visita ou estadía.

2. O pai deberá gozar da compañía do seu fillo a metade dos períodos de vacacións, entendidos, na falta de acordo entre as partes, do seguinte xeito:

a) As vacacións de verán divídense en catro quincenas. A primeira quincena comezará o 1 de xullo (ás 15.00 horas) e expirará o 15 de xullo (ás 20.00 horas). A segunda quincena comprenderá desde o devandito momento ata o día 1 de agosto ás 20.00 horas. A terceira quincena comprenderá desde o devandito momento ata o día 15 de agosto ás 20.00 horas e a cuarta quincena comprenderá desde o devandito momento ata o día 31 de agosto ás 15.00 horas.

b) As vacacións de Nadal divídense en dous períodos, un primeiro desde o 24 de decembro (ás 14.00 horas) ata o 30 de decembro (ás 14.00 horas) e outro que comprende desde tal data ata o 6 de xaneiro ás 20.00 horas.

c) As vacacións de Semana Santa divídense en dous períodos, un primeiro desde o Venres de Dores (ás 20.00 horas) ata o Mércores Santo (ás 15.00 horas) e outro que comprende desde tal data ata o Domingo de Resurrección ás 20.00 horas.

Na falta de acordo entre as partes, a nai elixirá os períodos os anos pares e o pai os impares.

Días festivos: o martes de Entroido e o día do pai de cada ano atribúense ao pai. O día da nai, á proxenitora, o resto de festivos intersemanais, na falta de acordo, deben atribuírselle durante os anos impares á nai e durante os pares ao pai.

O pai deberá recoller e retornar o menor, el mesmo ou a través de familiar –salvo acordo entre as partes– no domicilio que este comparta coa súa nai ou ben (por mor das horas fixadas nesta sentenza) no centro escolar do menor.

O proxenitor que non teña o menor na súa compañía poderá manter contacto telefónico con este, tantas veces como considere conveniente e o desexe, sen máis limitación que a de non supoñer unha intromisión no desenvolvemento normal do menor, ademais o proxenitor que goce da compañía do seu fillo debe comunicarlle ao outro proxenitor calquera enfermidade, accidente ou suceso extraordinario similar que padeza o menor.

Sen imposición de custas.

Comuníquese esta sentenza, unha vez que sexa firme, aos rexistros civís correspondentes para os efectos rexistrais oportunos.

Expídase testemuño desta sentenza e lévese aos autos da súa razón, quedando o orixinal arquivado no libro de sentenzas civís do xulgado. Notifíquese esta ás partes con advertencia de que non é firme e de que contra esta cabe formular recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Lugo, o cal, de conformidade co artigo 458 da LAC, deberá interpoñerse ante este xulgado no prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da súa notificación.

Así por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioa, mándoa e asínoa.

E encontrándose o devandito demandado, Constantin Zancianu, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Lugo, 16 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza