Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Mércores, 13 de decembro de 2017 Páx. 56272

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial. Sección 5ª Civil da Coruña

EDICTO (RPL 514/2016).

Eu, Lorenzo Villalpando Lucas, letrado da Administración de xustiza da Sección Quinta da Audiencia Provincial da Coruña, fago saber que na peza de apelación que se dirá se ditou sentenza o 4 de xullo de 2017 e auto de aclaración o 31 de xullo de 2017, cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza

No recurso de apelación civil número 514/2016, interposto contra a sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Betanzos, en xuízo de ordinario número 219/2009, sobre dereito de acceso á propiedade, sendo a contía do procedemento 22.704,69 euros seguido entre partes, como apelante: Concepción Freire Merelas representada polo/a procurador/a Sr/a. Pedreira del Río; como apelados: Enrique Martínez Pérez e José María Martínez Pérez, representados polo/a procurador/a Sr/a. Aba Veiga; como apelada: Purificación Martínez Pérez, representada polo/a procurador/a Sr/a. De Guzmán Ruiz; e como partes declaradas en rebeldía: Daniel, Antonio, María, Benito e María Manuela Pérez Vázquez, Violeta e Delia Ponce Pérez. É relator Julio Tasende Calvo.

(seguen antecedentes de feito e fundamentos xurídicos)

Resolución

Desestimando o recurso de apelación interposto pola representación procesual de Concepción Freire Merelas contra a sentenza ditada no xuízo ordinario número 219/2009, ditada polo Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Betanzos, debemos confirmar e confirmamos a devandita resolución e condenamos a parte apelante ao pagamento das custas desta alzada.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

Auto de aclaración:

Parte dispositiva

Estímase a petición formulada de aclarar o antecedente primeiro da sentenza no sentido que se indica:

Onde di:

“Primeiro. O maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Carballo ditou auto o 21 de outubro de 2016 cuxa parte dispositiva di como segue:

Acordo:

1. Inadmitir a solicitude presentada fronte a Catalana Occidente polo procurador dos tribunais Rafael Otero Salgado, en nome e representación de Francisco Javier Garaboa Castro, ordenando continuar procedemento respecto ás demais partes e pretensións.

2. Proceder ao seu arquivamento parcial.

3. Librar certificación literal desta resolución, que quedará unida ás actuacións, con trasladado do seu orixinal ao libro correspondente”.

Debe dicir:

“Primeiro. O maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Carballo ditou sentenza o 15 de xuño de 2016 cuxa parte dispositiva di como segue:

Debo estimar e estimo a demanda interposta polo procurador Sr. Pedreira del Río, en nome e representación de Concepción Freire Merelas contra Enrique Martínez Pérez e José María Martínez Pérez, representados polo procurador Sr. Aba Veiga, contra Purificación Martínez Pérez, representada pola procuradora Sra. Guerra Fraga e contra Violeta Ponce Pérez, Delia Ponce Pérez, Daniel Pérez Vázquez, Antonio Pérez Vázquez, María Pérez Vázquez, Benito Pérez Vázquez e María Manuela Pérez Vázquez e, en consecuencia, declaro o dereito de acceso á propiedade por parte da demandante dos predios que leva en arrendamento, previo pagamento da cantidade de 41.518,49 euros aos propietarios daquelas e cumprimento da obriga asumida durante, polo menos, seis anos do seu cultivo directo e persoal.

Non se realiza especial imposición das custas causadas”.

Así, por este noso auto, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que conste e sirva para a inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG) co obxecto de notificar ás partes declaradas en rebeldía Daniel, Antonio, María, Benito e María Manuela Pérez Vázquez, Violeta e Delia Ponce Pérez, expido e asino a presente. Dou fe.

A Coruña, 16 de outubro de 2017

O letrado da Administración de xustiza