Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Xoves, 7 de decembro de 2017 Páx. 55619

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (545/2015).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 545/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ramón Bermúdez Grela contra Obras y Reformas Larman, S.L. e Fogasa sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva expresa:

«Que considerando integramente a demanda interposta por Ramón Bermúdez Grela contra Obras y Reformas Larman, S.L., debo condenar e condeno á mercantil demandada a aboarlle ao demandante a suma de 8.538,81 euros polos conceptos indicados no feito probado quinto desta sentenza, incrementada cos xuros previstos no artigo 29.3 do ET desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata esta resolución e os do artigo 576 da LEC a partir desta resolución.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa non ten lugar á súa condena nesta instancia, debendo estarse ao que resulte da aplicación do artigo 33 do ET.

Notifíquese ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a esta cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días a contar desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Obras y Reformas Larman, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza