Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Xoves, 7 de decembro de 2017 Páx. 55617

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (255/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 255/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rubén Iglesias Mayo contra SS Fernández Concesionario, S.L.U. e Fogasa, se ditaron as seguintes resolucións, cuxa parte dispositiva é do tenor literal seguinte:

«Auto

Maxistrada xuíza Paula Méndez Domínguez

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2017

Parte dispositiva:

Dispoño: despachar orde xeral de execución da Sentenza 376/2017 de data 1.9.2017 ditada no procedemento ordinario 221/2015 a favor da parte executante, Rubén Iglesias Mayo, fronte a SS Fernández Concesionario, S.L.U., Fogasa, parte executada, por importe de 5.584 euros (4.655,28 euros en concepto de salarios, vacacións e indemnización, 806,04 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET sobre os conceptos salariais que comportan 3.146,58 euros, 122,68 euros en concepto de xuros do artigo 1.108 do Código civil sobre a indemnización que comporta 1.508,70 euros), máis outros 558,4 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan percibirse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

O presente auto, xunto co decreto que ditará o/a letrado da Administración de xustiza, e copia da demanda executiva, serán notificados simultaneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LEC, quedando a executada apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da LXS.

Contra este auto poderá interpoñerse recurso de reposición, a interpoñer ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación.

Así, acórdao e asina a súa señoría. Dou fe.

O/a xuíza. O/a letrado/a da Administración de xustiza».

«Decreto

Letrada da Administración de xustiza María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2017

Parte dispositiva:

Acordo en cumprimento do requisito que se contén no artigo 276.3 e previo á estimación na presente executoria da pervivencia da declaración de insolvencia da parte executada SS Fernández Concesionario, S.L.U., dar audiencia previa á parte demandante Rubén Iglesias Mayo e ao Fondo de Garantía Salarial, por termo de quince días para que poidan sinalar a existencia de novos bens e do seu resultado se acordará o procedente.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta con expresión da infracción cometida nesta a xuízo do recorrente, artigo 188 LXS.

O/A letrado da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a SS Fernández Concesionario, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza