Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Xoves, 7 de decembro de 2017 Páx. 55616

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (517/2015).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 517/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Adrián Mosquera Hernández contra a empresa Raisin Dor, S.L., ditouse sentenza cuxa parte dispositiva se xunta:

«Que, estimando substancialmente a demanda interposta por Adrián Mosquera Hernández contra Raisin Dor, S.L., debo condenar e condeno a mercantil demandada a aboarlle ao demandante a suma de 1.780 euros polos conceptos indicados no feito probado noveno desta sentenza, incrementada cos xuros previstos no artigo 29.3 do ET desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa non procede a súa condena nesta instancia e deberá observarse o que resulte da aplicación do artigo 33 do ET.

Notifíquese ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a ela non cabe recurso».

E para que sirva de notificación en legal forma a Raisin Dor, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de decreto, auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza