Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Xoves, 7 de decembro de 2017 Páx. 55621

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (156/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 156/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Óscar Iglesias Boquete contra Gerisantiago Sociosanitaria, S.L. e Fogasa, se ditou a seguinte resolución:

«Acordo:

a) Declarar o executado Gerisantiago Sociosanitaria, S.L., en situación de insolvencia total por importe de 5.245,50 euros en concepto de principal, máis outros 524,55 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan percibirse durante a execución e as custas desta, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reaperturar a execución, se a partir deste momento se coñecen novos bens do executado.

c) Unha vez asine este edicto, procédase a súa inscrición no rexistro correspondente.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta con expresión da infracción cometida nesta a xuízo do recorrente, artigo 188 LXS».

E para que sirva de notificación en legal forma a Gerisantiago Sociosanitaria, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza