Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Xoves, 7 de decembro de 2017 Páx. 55622

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de resolución (809/2016).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 809/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Dolores García Jamardo contra José Pereira García, Djordjo Milos Kovach Omote, Grupo Omote, S.L., Balbina Industria Panadería Auxiliar, S.L., María Dolores Regueira Felpete, Raúl Rey Santos sobre despedimento, foi ditada a resolución que na parte dispositiva di:

«Acórdase rectificar o contido da sentenza do 4 de setembro de 2017, de tal forma que o seu contido se substitúe polo seguinte:

Na parte dispositiva da sentenza, parágrafo terceiro, debe dicir “Desestímase a demandada interposta contra José Pereira García, Dolores Regueira Felpete, Raúl Rey Santos e a empresa Balbina Industrias Panadería Auxiliar, S.L., e absólvense os demandados de todos os pedimentos dirixidos contra eles.

Notifíquese esta resolución ás partes.

Esta resolución non é susceptible de ningún recurso, sen prexuízo dos recursos que se poidan interpor contra a resolución que é obxecto de rectificación.

Así o acorda, manda e asina Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela».

E para que sirva de notificación en legal forma ao Grupo Omote, S.L., Balbina Industria Panadería Auxiliar, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza